Culturas en Diálogo. 113+

Despois de tres edicións poñendo o foco en tres comunidades migrantes concretas -Arxentina, Uruguai e Cuba- a Rede Museística quixo visibilizar na cuarta edición de Culturas en Diálogo ás máis de 113 nacionalidades que convivían na provincia naquel momento.

E apostou para iso en centrarse en historias de vida, de persoas como Pilar e Juan:

O documental “A viaxe”, de Juan Carlos Cambas, que recolle a vivencia de Pilar y Juan como migrantes a Arxentina primeiro e migrantes retornados a Galicia despois, serviu para reflexionar colectivamente sobre a migración e as decisións e emocións que implica.

Esta cuarta edición de Culturas en Diálogo coincidiu coa pandemia da covid-19, polo que non foi posible celebrar ningún acto presencial. Toda a Rede Museística volcouse dende o primeiro minuto coa súa comunidade e con ofrecer alternativas -dixitais, telefónicas,…- para que a cultura seguira estando presente no seu día a día.

Ademais…
Consciente de que a covid estaba a ter un impacto que ía más alá da saúde, a Rede Museística reuniu á comunidadw migrante no encontro en liña “Covid, migración e desigualdades”, que podes ver aquí.