Culturas en Diálogo. Mulleres nas/das aldeas

O rural ten unha importante presenza e importancia na provincia de Lugo. Por iso, Culturas en Diálogo quixo nesta nova edición poñer o foco no que -dende a perspectiva de xénero e da interculturalidade- ocorre no territorio, a través de Mulleres nas/das aldeas.

Mulleres en/nas aldeas materializouse nunha exposición da fotógrafa Carmen Porteiro, que se inaugurou o Día Internacional das Personas Migrantes de 2023 co obxectivo de visibilizar, dignificar e empoderar todas as realidades das mulleres das aldeas e nas aldeas. Con especial atención ao traballo da comunidade migrante como parte activa e coidadora do rural.

Mulleres nas aldeas alude ás que chegaron para provelas de coidados, atopando unha oportunidade; mulleres das aldeas é un retrato das que nunca as abandoaron ou que si marcharon -á cidade, a outra provincia ou ao estranxeiro- para finalmente volver. Pero ambas son visións dunha mesma realidade compartida.

Podes atopar máis información na web da Rede. Tamén na web da Deputación de Lugo.