Nace a Rede Museística Provincial de Lugo

Ata o ano 2006 os catro museos da Deputación de Lugo, en catro lugares distintos da provincia coexistían, trataban de complementarse e incluso respondían -aínda que non de maneira oficial- a unha xestión en rede que, por non ter encaixe formal, non era todo o eficiente que se desexaba.

A Red eMuseística Provincial de Lugo, tal e como hoxe a coñecemos, naceu para unificar criterios e obxectivos, favorecer a colaboración e optimizar recursos. Pero, moi especialmente, para que todas as persoas tiveran acceso e participación activa nos catro museos.

Así foi como chegou a ser un modelo de sostibilidade económica, social e medioambiental e nun referente da museoloxía social, levando á práctica a filosofía de poñer ás personas no centro.

Por iso, a día de hoxe a Rede Museística pode dicir que traballa “coa” comunidade.

Tes ao teu dispor toda a información sobre a Rede Museística Provincial de Lugo na súa web, dende a que tamén poderás acceder ás súas redes e inscribirte no seu boletín informativo.