Nace o Museo Provincial do Mar en San Cibrao (Cervo)

A escola unitaria que se construiu en 1931 grazas á sensibilidade pola educación e a cultura dunha parella emigrada na Arxentina serviu para formar a varias xeracións de nenos e nenas. Pero en 1969 a súa vida como centro escolar remata para dar paso ao Museo Provincial do Mar:

O museo naceu grazas ao impulso do mestre Francisco Rivera Casás, coleccionista e apaixoado da cultura mariñeira. Foi xestionado inicialmente por unha xunta rectora e máis tarde pola asociación veciñal Cruz da Venta.

Podes saber máis deste museo (horarios e ubicación incluídos) visitando a súa web.