A Deputación Provincial de Lugo aproba a creación do Museo Provincial

Estamos en 1932. A opción republicana gañou uns meses antes as elecciones -con notable éxito en Lugo, por certo- e con ela gaña tamén unha idea das artes, a educación e a cultura accesibles a toda a poboación.

Neste contexto nacen asociacións, publicacións, actividades culturais e en Lugo, a Deputación aproba as bases da creación do que será o seu Museo Provincial.

Como recolle a súa acta fundacional, “o seu carácter é eminentemente educativo”. Algo que, anos máis tarde, definiría a misión e a visión da propia Rede Museística.