Tras dous anos de traballos e de recepción e clasificación de doazóns, cesións e depósito de pezas, o Museo Provincial de Lugo abriu por fin as súas portas en varias salas doPazo Provincial, que axiña quedaron pequenas.
Por iso, en 1957 o Museo trasladaríase á súa ubicación actual, na praza da Soidade de Lugo, onde nos anos 80 e 90 se levaron a cabo importantes reformas.
Podes saber máis deste museo (horarios e ubicación incluídos) visitando a súa web.
