En paralelo á terceira edición de Culturas en Diálogo celebrouse en Lugo o congreso Musapalabra.
No Congreso Internacional Musapalabra, no que persoas de diferentes disciplinas -creadoras, xestoras culturais, docentes, investigadoras,…- e con vivencias migrantes na súa meirande parte reflexionaron como dar resposta a todos os retos que ofrecen as migracións.
Segundo recolleu entón o Consello Internacional de Museos (ICOM), o congreso organizouse “baixo a consciencia da necesidade de reflexionar sobre como dar resposta a unha problemática tan antiga, con causas diferentes, sempre ao límite da dignidade no que respecta á protección das personas que a sofren e á necesidade de que se cumpran os dereitos humanos“.
Era decembro de 2018 cando se celebrou o Congreso Internacional Musapalabra. Tristemente, anos despois a necesidade de que se cumpran os dereitos humanos das personas migrantes é obxecto de discusión, cando non debera sequera existir debate ao respecto.
Podes ampliar a información sobre o Congreso Internacional Musapalabra na web da Rede Museística.
