Culturas en Diálogo Lugo-Uruguai

No ano 2015 a comunidade uruguaia na cidade de Lugo superaba as 250 persoas. Elas foron, xunto con Arxentina, as protagonistas da segunda edición de Culturas en Diálogo.

Pero, máis alá das cifras, están os vínculos: Uruguai foi un dos países aos que se dirixiu masivamente a migración galega a partir da primeira metade do século XIX. Ata o punto de que en 1.904 -cando o Consulado Xeral de España en Montevideo comezou a elaborar os Libros de Rexistro de Nacionalidade- a orixe do 72,7% dos inscritos era Galicia.

Persoas na súa meirande parte de zonas rurais, que chegaron á república sudamericana na procura dun presente digno e a posibilidade dun futuro.

Se queres saber máis, convidámoste a consultar a ficha deste proxecto na web da Rede.
Tamén falaron del no programa de Radio 5 Hora América. Escóitao aquí!