Culturas en Diálogo Proximidade Llunyana

Proximidade Llunyana vincula Culturas en Diálogo co programa Mulleres Rurais, conectándonos cunha historia desas que non adoitan ocupar o lugar que merecen e que a Rede Museística pon no centro do discurso: a do éxodo rural ás cidades e, en concreto, o que afrontaron as mulleres.

Proximidade Llunyana ampsa a dimensión espacial e temporal da migración de Lugo a Barcelona no século XX, a través dos testemuños das mulleres que afrontaron esa viaxe. Dos seus baúles e maletas. De fotos y ata da terra dos seus lugares de orixe.

Son elas as protagonistas e as que, en primeira persoa, explican a realidade e o contexto do éxodo rural da posguerra e a vivencia de renunciar a todo o coñecido por unha vida mellor para logo volver.

Proximidad Llunyana convirte o museo nun contedor e un conector de memoria colectiva, construíndo, a partir de historias individuais, unha perspectiva global da migración e a súa influencia nas xeracións seguintes.

Queres saber máis deste proxecto? Podes coñecer ás protagonistas de Proximidade LLunyana a través dun mapa xeolocalizado. Para ampliar información, podes acceder á web da Rede y ler o que medios como Nós Diario, Xornal de Lemos ou Lugo Xornal publicaron sobre este proxecto, que xerou unha exposición itinerante que, simulando el percorrido das súas protagonistas, terminou o seu perecorrido de ida en Hospitalet de Llobregat.