Este é outro deses acontecementos que ten importancia no seu momento pero que, pasado o tempo, resulta ser tamén o comezo doutra historia…
Dona María de la Paz Taboada y Zúñiga, derradeira señora do Pazo de Tor (Monforte), doa á Deputación os terreos e as edificacións, incluídos obxectos, documentos e mobiliario.
Entre as condicións da doazón destacan estas dúas: todo na pranta nobre do pazo debe amosarse tal e como ela o deixa. E a súa asistente, Ángeles Rivada, debe continuar a súa vida laboral ligada ao pazo, no que entrou a servir en 1959 con nove anos.

