Estratexias de Museoloxía Social: “Comunidades en constante cambio”

“O futuro dos museos en comunidades en constante cambio” foi o lema do Día Internacional dos Museos deste ano e tamén o fío condutor da cuarta edición de Estratexias de Museoloxía Social: un foro de reflexión e aprendizaxe colectiva arredor dos retos da museoloxía social, aberto a toda Iberoamérica e centrado, nesta ocasión, nos retos sociais da museoloxía en relación coa interculturalidade.

Estratexias de Museoloxía Social #EdMS25 artellouse en tres eixos complementarios: un ciclo de conversas en liña durante o mes de maio, un espazo virtual de aprendizaxe aberto todo o año e un obradoiro presencial en outono.

Cada unha das conversas en liña conectou a dous profesionais de referencia do contexto iberoamericano para dar resposta a diversas preguntas: Están preparadas as institucións culturais para reflectir a diversidade? Como poden as institucións culturais afrontar o racismo estructural?…

Estratexias de Museoloxía Social responde ao interese da Rede Museística Provincial de Lugo de abrir á súa comunidade -ampla, internacional e vinculada ao ámbito museístico e cultural- os seus sus propios procesos de aprendizaxe.

Ademais…
Se queres ver as conversas completas, acceder ás principais ideas e a outros recursos compartidos, podes facelo na sección de actividades ou na web da Rede Museística. Onde tamén podes atopar os contidos e as conversas de #EdMS24 e #EdMS23 , adicadas a investigar e aprender no museo e á relación dos museos coa sustentabilidade e o benestar, respectivamente.