O 18 de dicembro de 2024, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas Migrantes, a Rede abriu no Museo Provincial de Lugo “Museo da migración (punto de partida)”. Un proceso de participación relacionado con este Museo da Migración que estás visitandoe que se artellou a través dunha exposición temporal.
“A migración son persoas, igual que o son os museos. Por iso convidámoste a construír connosco o museo que vén: Que che gustaría que contara sobre a migración? Dende que perspectiva debería facelo? Que voces, que miradas, deben estar no relato?”…








Así daba a benvida a exposición y así foron algunhas das reflexións recollidas durante as semanas que estivo aberta e nas que se artellaron diversas actividades, dirixidas a diversos colectivos -cunha especial atención ao tecido asociativo de persoas migrantes- e a promover a participación e a reflexión colectiva.
Toda esta experiencia comunitaria serviu, como indica o título, como punto de partida para o Museo da Migración que abriría as súas portas virtuais en 2025.
Ademais…
Podes ver a referencia a este proxecto na web da Rede. Tamén o que se publicou en medios como Nós Diario ou Lugo Xa. Tamén nas redes sociais de colectivos que visitaron e participaron na exposición, como a Fundación Juan Soñador ou Guido Guía e a Asociación Rioplatense entre outros.
