Neste momento estás dentro do Museo da Migración: un espazo virtual que dende xuño de 2025 consolida e continúa o programa Culturas en Diálogo, que a Rede Museística Provincial de Lugo vén desenvolvendo nos últimos anos fortalecendo lazos coas comunidades migrantes.
Este museo nace da necesidade dunha plataforma que actualice, investigue, conserve e difunda todo o que implica dende hai anos a migración. Cunha mirada local (a provincia de Lugo) pero tamén universal: non hai lugar do planeta que non reciba e despida a personas que, de maneira voluntaria ou forzosa, decidiron migrar.
O Museo da Migración celebra e promove a interculturalidade, pero tamén quere abordar a migración dende unha perspectiva interseccional e fomentar o diálogo intercultural a través da participación.
Sempre poñendo ás personas no centro.
Podes consultar o que contaron sobre o Museo da Migración medios como Nós Diario.
