Patio de Dúbidas. Obradoiro de ética e interculturalidade

No 2010 a Rede Museística Provincial de Lugo leva xa moitos anos -antes incluso de constituírse como tal- traballando dende unha perspectiva interseccional. E, dese modo, traballando dende o museo sobre todas as desigualdades que se dan na súa comunidade e na súa contorna.

Neste 2010, Ano Internacional de Achegamento de Culturas, a UNESCO marca entre os seus obxectivos implementar o valor da diversidade cultural, xerar espazos de convivencia entre culturas e recoñecer a diversidade cultural no mundo.

Cuestións xa abordadas en proxectos e accións anteriores da Rede, que se materializan este ano no obradoiro de ética e interculturalidade “Un patio de dúbidas”.

Este taller, dirigido a xente moza, buscaba o entendemento intercultural mediante actividades nas que se reflexionaba sobre prexuízos, estereotipos e identidade cultural.

Impulsado por Encarna Lago, xerente da Rede Museística, Patio de Dúbidas era tamén unha reflexión compartida sobre a nula representación das vivencias migrantes -como a súa propia- no museo.

Ademais…
Tes ao teu dispor a memoria do proxecto