FADAS é o acrónimo da Federación de Asociacións de Ámbito Social de Lugo: unha entidade que aglutina a varios colectivos e organizacións que traballan, entre outros, no eido da diversidade cultural e na atención á poboación migrante. Dende FADAS impúlsanse actividades culturais e comunitarias para sensibilizar sobre os dereitos das persoas e promover a interculturalidade. Unha delas, o obradoiro de costura Tecer para Medrar.
