A Fundación porCausa é unha referencia da comunicación arredor dos movementos migratorios dende a perspectiva dos dereitos humanos. Dende o 2013 teñen levado a cabo -ademais de reportaxes e investigacións xornalísticas- numerosos estudos e informes que, co tempo, xeraron metodoloxías de traballo, formacións, novas narrativas e ensaios cos que dotarnos de ferramentas para contar a realidade da migración cun enfoque humano, combatendo os discursos de odio.
