SINTRAHOCU

SINTRAHOCU é o acrónimo de Sindicato de Trabajadoras del Hogar y de los Cuidados. Un colectivo autoxestionado formado principalmente por mulleres, na súa meirande parte migrantes, que xurdiu pola falta de resposta dos sindicatos convencionais e das administracións ante a vulneración de dereitos no eido do traballo doméstico non regularizado. SINTRAHOCU ten en Galicia un grupo especialmente numeroso e activo de mulleres das catro provincias, que se organizan no desenvolvemento de actividades formativas e de asesoramento laboral, culturais e de coidados e acompañamento.