Viraventos é unha ONG da Coruña que traballa na atención á poboación migrante que chega á cidade, en primeira acollida, orientación social e laboral e formación, así como no desenvolvemento de accións de mediación intercultural. Entre outras propostas de perfil cultural e lúdico, explora as novas narrativas como medio de expresión da mocidade migrante de primeira e segunda xeración e como medio de sensibilización social.
