Xornalista, escritora e investigadora militante especializada en migracións internacionais, cunha traxectoria centrada na defensa dos dereitos das persoas afrodescendentes desde unha perspectiva afrofeminista e interseccional. Residente en Galicia, foi unha das fundadoras do colectivo Afrogalegas e actualmente forma parte do colectivo Afroféminas. É autora de libros como Eu, muller migrante, Mulleres negras na ciencia e Mulleres negras na filosofía, e impulsa o proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo, que visibiliza referentes históricos silenciados. Colabora habitualmente en medios de comunicación e desenvolve procesos de formación para institucións públicas e organizacións sociais arredor da xestión da diversidade étnico-racial e cultural.
