Salas
O Museo da Migración amplía os seus espazos coa apertura das Salas, un lugar para acoller proxectos, exposicións e narrativas arredor da migración, a identidade e a interculturalidade.
As Salas constitúense como un espazo propio de experimentación e encontro. Aquí conviven propostas que tiveron orixe en espazos expositivos físicos, como os da propia Rede Museística Provincial de Lugo, con outras creadas especificamente para a contorna dixital, aproveitando as posibilidades narrativas, visuais e participativas deste medio.
As Salas funcionan como un territorio compartido onde dialogan creación artística, investigación, memoria e activismo cultural. Un espazo aberto á colaboración entre institucións, colectivos, creadoras e comunidades, que permite conectar proxectos diversos e seguir construíndo novas maneiras de mirar e representar as migracións.
