Constrúese a escola unitaria de San Cibrao (Cervo)

Ás veces as historias comezan por pequenos sucesos que, en apariencia, non teñen gran trascendencia. Ata que pasa o tempo e resultan ter unha importancia maior.

Este é un deses casos: en 1931 e cunha doazón de 60.000 pesetas, don José María Montenegro e dona Manuela Goñi Maíste impulsan a creación da escola unitaria de San Cibrao.

O matrimonio, emigrado na Arxentina, forma parte dos galegos que -de maneira particular ou colectiva- financiaron dende América numerosas escolas rurais en toda Galicia a comezos do século XX.

A escola de San Cibrao construiuse nun solar cedido polo Concello de Cervo, con patios, portas e aulas separadas para nenas e nenos, como era costume naquel momento.