Memorias migrantes

Xa podemos anunciar que en decembro de 2025, un dos museos da Rede Museística Provincial de Lugo acollerá a exposición Memorias migrantes, proxecto gañador do segundo certame Cousas do Retorno – Ser Migrante, impulsado por AJERGA (Asociación de Mozos Emigrantes Retornados en Galicia) e a Asociación Rioplatenses de Lugo, coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración e da propia RMPL.

A proposta, da artista Adela Vázquez Veiga, foi seleccionada por plasmar con sensibilidade e forza a experiencia migrante actual. Un proxecto artístico que, en palabras da súa autora, busca “rememorar historias que importan” e dar voz e forma ás múltiples realidades das migracións.

Desde este Museo Virtual da Migración tamén acompañaremos a iniciativa, compartindo parte do proxecto artístico a través deste espazo dixital. Porque abrir camiños para comprender as migracións tamén significa apoiar propostas que nacen desde a creación e a memoria.

Para saber máis…

Podes seguir todas as novidades sobre o certame e a exposición en @cousasdoretorno